O “Álbum de Galicia” do Consello da Cultura Galega incorpora unha biografía dedicada a Perfecto Feijoo, investigación a cargo de Javier Garbayo Montabes

O “Álbum de Galicia” do Consello da Cultura Galega incorpora unha biografía dedicada a Perfecto Feijoo, investigación a cargo de Javier Garbayo Montabes

Boticario da Peregrina e Gaitero do Lérez, fundador de Aires d´a Terra, o primeiro coro galego

Entre as numerosas páxinas que glosaron a personalidade de Perfecto Feijoo Poncet cómpre destacar as escritas por Emilia Pardo Bazán e outros autores comtemporáneos como Isidoro Millán, Prudencio Landín ou Miguel de Unamuno; Alberto Vilanova, Xosé Filgueira Valverde, Fernando López-Acuña e José Luis Calle fixerono con posterioridade e, máis recentemente, destacan as investigacións da profesora Nelly Clémenssy da Universidade de Niza, precisamente analizando a defensa que a escritora coruñesa fixo da súa figura, reivindicándoa para entender o ambiente vivido a principios do século XX en torno á creación dun tipo de coro especificamente galego e a recuperación do repertorio da música patrimonial, xa entón ameazada polo retroceso da vida rural…