A emigración dos músicos galegos a América entre 1875 e 1951, a análise nun simposio – Boletín USC

A emigración dos músicos galegos a América entre 1875 e 1951, a análise nun simposio – Boletín USC

A investigación financiada polo MINECO ‘Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): Cidades do Eixo Atlántico’ que dirixen os profesores da USC Carlos Villanueva e Javier Garbayo organiza a vindeira semana en Santiago un simposio sobre o movemento migratorio dos músicos galegos a América.

O encontro, que se desenvolverá no Museo do Pobo Galego entre os días 9 e 11, reunirá especialistas de toda España e americanos en torno a etapa que vai do gran movemento migratorio galego de finais do XIX –que tivo resultados asociativos de gran transcendencia– ata 1951, coa primeira etapa da posguerra.