Presentación do CD “Andrés Gaos. Obra para piano e violín e piano. Gravacións Históricas” – Paraninfo da USC, xoves12/11/2020 ás 12.30h

Presentación do CD “Andrés Gaos. Obra para piano e violín e piano. Gravacións Históricas” – Paraninfo da USC, xoves12/11/2020 ás 12.30h

Presentación do CD “Andrés Gaos. Obra para piano e violín e piano. Gravacións Históricas“, o próximo xoves, 12 de novembro de 2020, ás 12.30h, no Paraninfo de la USC, Facultade de Xeografía e Historia.

O Consello da Cultura Galega presenta o CD, Andrés Gaos. Gravacións históricas integrado por obras do compositor, violinista, director e docente galego Andrés Gaos Berea (A Coruña, 1874 – Mar del Plata, 1959). Conservadas orixinalmente en discos instantáneos (gravados cara a 1940) e en diferentes bobinas, realizouse un proceso de restauración, dixitalización e masterización que deu como resultado un disco integrado por 14 faixas: 9 con obras para piano interpretadas polo propio autor e 5 con obras para violín e piano tocadas polo seu alumno VíctorHormaechea. O presente disco constitúe así non só un medio de conservación do patrimonio musical galego senón, tamén, un importante legado que nos permite coñecer como concibía Andrés Gaos a interpretación da súa propia obra.



Accede aos contidos das nosas publicacións para a súa visualización online e descarga