Recuperación da figura de Fanny Garrido: charla-concerto, luns 11/09/17, ás 19h na RAG

Recuperación da figura de Fanny Garrido: charla-concerto, luns 11/09/17, ás 19h na RAG

O vindeiro luns 11 de setembro de 2017, ás 19h, na sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, nº 11, A Coruña), terá lugar unha charla-concerto ao redor da figura de Fanny Garrido, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e con colaboración coa Real Academia Galega e o Grupo Organistrum da Universidade de Santiago de Compostela.

Coincidindo co centenario do pasamento de “Eulalia de Liáns”, este acto propón un achegamento a esta muller pioneira e avanzada ao seu tempo. En conversa en directo coa xornalista Isabel Bugallal, a musicóloga Laura Touriñán fará un percorrido pola vida e obra deste personaxe ilustre. A continuación, terá lugar un concerto a cargo da soprano Susana de Lorenzo e do pianista Alejo Amoedo, no que interpretarán a peza Mondariz e unha selección de Cantares viejos y nuevos de Galicia, obras musicais froito da colaboración entre a escritora e o seu primeiro esposo, Marcial del Adalid.