Presentación, obxectivos e centros de investigación

Presentación

Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951):
Ciudades do Eixe Atlántico (HAR2015-64024-R)

O proxecto de I+D+i, Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): Cidades do Eixe Atlántico (REF: HAR2015-64024-R), está financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España, con fondos FEDER da Unión Europea. A súa realización está inscrita dentro do Plan Nacional de Investigación, na modalidade de “Retos da Sociedade” e ten unha vixencia comprendida entre xaneiro de 2016 e decembro de 2018.

 

Aínda que a súa xestión económica e administrativa está asignada á Área de Música do Departamento de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, no seu deseño e execución conta coa colaboración da Universidade e Conservatorio Superior de Música de Vigo.

 

Este proxecto está concibido como continuación matizada do I+D igualmente financiado polo MINECO entre 2009 e 2014, Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875?1936) (HAR 2009?09161) e no mesmo teñen cabida ademais das investigacións xa consolidadas dalgúns dos seus membros, aquelas de investigadores e investigadoras noveis cuxas achegas son fundamentais e quedan amplamente referenciadas nas diferentes actividades.

Obxectivos xerais e específicos

Entre os obxectivos asumidos por este I+D queremos destacar os seguintes:

Obxectivos xerais:

 

  • Avanzar no coñecemento veraz da música civil en Galicia durante o período sinalado.

  • Difusión e achega á sociedade dunha serie de resultados que permitan avanzar nun mellor coñecemento do patrimonio musical galego.

  • Recuperación para a interpretación en concerto de partituras así como para a súa gravación.

  • Catalogar, estudar, analizar e dixitalizar (parcialmente) documentos de interese de diferentes arquivos de Galicia.

  • Procura cruzada de datos entre os diferentes arquivos consultados que permitan unha investigación completa sobre os temas para tratar.

  • Ampliar a relación xa existente con América Latina e os seus centros de investigación, para o estudo referente a emigrados e exiliados galegos.

 

Obxectivos específicos:

 

  • Editaranse as partituras seleccionadas segundo o seu formato: para piano, de cámara e música escénica (Marcial do Adalid, Juan Montes, José Baldomir, Eduardo Rodríguez Losada, Carlos García-Picos).

  • Estudo as redes de comunicación -musicais, literarias, políticas e ideolóxicas- entre os diferentes protagonistas do momento, a través da correspondencia e da prensa.

  • Completar a investigación sobre Víctor Said Armesto, Marcial do Adalid, José Baldomir, Ramón de Arana, Perfecto Feijoo, Antonio Iglesias Vilarelle, Eduardo Rodríguez-Losada, Carlos López García-Picos, Jesús Bal e Gai.

  • Análise, a través dos seus escritos, da obra e ideoloxía político-musical de Daniel Rodríguez Castelao, José Filgueira Valverde e Gonzalo Torrente Ballester.

Centros e institucións de investigación

Algúns dos centros e Institucións onde os membros deste I+D+i realizan as súas tarefas de investigación son os seguintes:

  • A Coruña: Real Academia Galega, Real Academia de Belas Artes de Nuestra Señora del Rosario, Biblioteca e Arquivo da Deputación Provincial de A Coruña, Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Municipal, Biblioteca de Estudos Locais da Coruña, Arquivo da Fundación Pedro Barrié da Maza.
  • Betanzos: Arquivo Municipal.
  • Ferrol: Arquivo do Ateneo, Arquivo Municipal, Arquivos da Armada.
  • Outros centros: Biblioteca Nacional, Arquivo Histórico Nacional, Biblioteca e Arquivo do Real Conservatorio, Arquivo e Biblioteca da SGAE, Arquivo e Biblioteca da Fundación Juan March, Biblioteca de Cataluña, Arquivo Xeral da Armada Álvaro de Bazán.
  • Pontevedra: Museo de Pontevedra, Arquivo Histórico Provincial, Arquivo Municipal.
  • Santiago de Compostela: Arquivo Histórico Universitario, Biblioteca Xeral da USC, Arquivo Histórico Diocesano, Arquivo da Catedral, Biblioteca e Hemeroteca de Galicia, Fundación Gonzalo Torrente Ballester.
  • Vigo: Fundación Penzol, Arquivo do Conservatorio Superior de Música, Arquivo Municipal.
Accede aos contidos das nosas publicacións para a súa visualización online e descarga