Quen somos

QUEN SOMOS?

Baixo o nome de Grupo organistrum agrúpanse os investigadores e investigadoras adscritos ao I+D+i Fondos documentáis de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): cidades do Eixe Atlántico (HAR2015-64024-R), no seu maior parte integrantes ou egresados do GI-2025 da Universidade de Santiago de Compostela, dedicado aos Estudos Históricos sobre Música en Galicia. Intégrano ademais outros investigadores e investigadoras noveis procedentes das Universidades de Santiago de Compostela e Vigo e dos Conservatorios Superiores de Música de A Coruña e Vigo, ademais de investigadores independentes de recoñecido prestixio. Todos eles contan cunha ampla traxectoria académica, tanto na vertente investigadora, como na docente.

 

Como Grupo de investigación, traballan diferentes temas relacionados coa música de Galicia, destacando aspectos relacionados coa organoloxía e iconografía medieval, a música das catedrais, historia social da música, tradición e historiografía na música galega ou música galega na emigración e no exilio. Os seus membros contan no seu haber cun extensísimo e variado elenco de publicacións, ademais de experiencia na organización de diferentes congresos, simposios, cursos e xornadas especializadas, ciclos de concertos e conferencias e exposicións en colaboración con Institucións como a propia Universidade, Xunta de Galicia, Fundación Barrié, Museo de Pontevedra, Museo do Pobo Galego, CSIC e Deputacións provinciais.

Accede aos contidos das nosas publicacións para a súa visualización online e descarga