“Call for papers”

“Call for papers”: Normas de presentación de traballos

 

A matrícula no simposio é gratuíta, podendo participar nas sesións todos aqueles investigadores e investigadoras que presenten un traballo para ser exposto no apartado de comunicación libres na xornada que a organización designe.

Todos os traballos presentados deberán versar sobre as temáticas do Simposio, ser orixinais e inéditos, estar escritos en galego, castelán ou portugués e ser aprobados previamente polo Comité científico.

Para solicitar a súa participación no Simposio, os interesados ou interesadas deberán remitir ao enderezo eixeatlantico@gmail.com un correo electrónico onde figure o seu nome, DNI, teléfono de contacto e vinculación cunha institución académica ou investigadora, título do traballo proposto e un breve resumo (10 liñas/300 palabras) do seu contido. A data límite para remitir propostas de título e o resumo do traballo é o 30 de septembro.

As comunicación libres terán una extensión máxima de 20 páxinas en Times New Roman 12, debendo adaptarse na súa exposición pública ó tempo que a organización ditamine en función das propostas recibidas. Os criterios de edición serán os mesmos que os adoptados pola revista Quintana do Departamento de Historia da Arte da USC.

Unha vez recibidas todas as propostas, o Comité reunirase para autorizar ou desestimar as diferentes solicitudes que integrarán o Simposio, sendo a súa decisión inapelable. Así mesmo, o Comité poder suxerir as puntualizacións que estime oportunas en canto a títulos e contidos.

Antes do 14 de novembro, as autoras e autores previamente admitidos deberán remitir o traballo que vaian expoñer completo, en formato PDF, para ser enviado pola organización a todos os participantes favorecendo a súa lectura previa ás sesións de debate. Rematado o Simposio, as investigadoras e investigadores participantes contarán cun breve prazo tempo para realizar os cambios que estimen oportunos e entregar a versión definitiva destinada á súa publicación.

Rematado o Simposio, a organización emitirá unha certificación de participación no mesmo, onde constará o título do traballo presentado.

Propostas:

He leído y acepto la política de privacidad

Accede aos contidos das nosas publicacións para a súa visualización online e descarga