Concerto 2/12/2016

Programa

 

3 Marches pour le piano à quatre mains. Marcial del Adalid (1826-1881).

Nº1. Moderato
Nº2. Maestoso
Nº3. Quasi allegro

 

Mazurca. Juan Montes (1840-1899) (ed. Joám Trillo)

 

Seven Waltzes for the Piano Forte. Marcial de Torres Adalid (1816-1890)

Waltz Nº1 

 

Angelita. Polka. Francisco Pillado Villamil (1856-1926)

 

Marcha triunfal. Alberto Garaizábal Macazaga (1875-1947)

 

Invención para 4 instrumentos de viento. Transcripción para piano a 4 manos, A. 12. Carlos López García-Picos (1922-2009)

 

A orillas del Sar. Escenas poéticas. José Gómez Veiga “Curros” (1864-1946) (ed. Beatriz Cancela)

 I. Alboreando

II. Evocación

III. Marcha

IV. Bailable

 

Javier Ares Espiño. Nado en Ourense en 1979, comezou os seus estudos de piano no Conservatorio de Betanzos, continuando no Conservatorio Superior de A Coruña baixo a dirección de Natalia Lamas. Ao longo dos seus estudos obtivo varias Matrículas de Honra, así como Mención de Honra Fin de Grao Medio e Mención de Honra Fin de Grao Superior. Realizou cursos de perfeccionamento pianístico cós profesores Mariana Gurkova, Josep Colom, Guillermo González, Domenico Codispoti e Luca Chiantore, e de música de cámara con Luis Rego. Posteriormente ampliou os seus estudos no Centro Superior de Ensinanza Musical Katarina Gurska recibindo clases dos pianistas Alexander Kandelaki e Nino Kereselidze.

Desenvolve unha ampla actividade dentro da música de cámara en diversas formacións: Ensemble Logos (cuarteto de corda e piano), Ensemble Poulenc 2007 (quinteto de vento e piano), Trío Caronium (corda e piano). Realizou múltiples recitais en diversas formacións de dúo, entre eles destacan os que realizou cós tubistas Gene Pokorny e Rex Martin, có frautista Hervé Hotier, có clarinetista Carlos Casadó, ou cós trombonistas James Markey, Alberto Urretxo, Iago Ríos, Ko-ichiro Yamamoto e Jacques Mauger.

Forma có pianista Jorge Briones o Dúo Scaramouche, realizando dende o ano 2010 varias estreas de compositores galegos contemporáneos que foron rexistradas por Radio Galega. Como solista destaca a súa participación no Festival Are More cun recital dentro do ciclo da integral das sonatas de Mozart, a presentación en varios escenarios galegos dun programa adicado a sonatas de compositores rusos ou as súas actuacións como solista coa Banda Municipal de A Coruña e con Javier Viceiro-Filgueira como director en 2012, 2014 e 2015.

Dende 2001 traballou no Conservatorio Superior de Música de Vigo e actualmente é profesor de piano e pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

A través do programa de doutoramento “Música na España Contemporánea” (UGR, UB, UNIOVI e USC) inicia a súa faceta como investigador, que culmina coa publicación de Catálogo de Carlos López García-Picos (2011) e coa obtención en 2014 do título de Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela, baixo a dirección do Dr. Carlos Villanueva, obtendo a cualificación de Sobresaliente “cum laude”. Recentemente viu a luz a súa monografía titulada Carlos López García-Picos. Música a orillas del Atlántico (2016), co editada pola USC, Xunta de Galicia e Concello de Betanzos.

Actualmente forma parte dun Proxecto de I+D+i da Universidade de Santiago de Compostela, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, e integrado no Programa estatal de investigación, desenvolvemento e innovación orientada aos retos da sociedade. Durante os 3 anos de duración deste proxecto participará na realización de diversas actividades: simposios, publicacións, exposicións, concertos, etc. Proxecto I+D+i Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): Cidades do Eixe Atlántico (REF: HAR2015-64024-R).

Páxina web aquí.

 

Jorge Briones Martínez. Nace na Coruña, onde comeza os seus estudos pianísticos no Conservatorio Superior de Música da súa cidade á idade de 14 anos, baixo a tutela da pianista Natalia Lamas, obtendo as máis altas cualificacións, así como varias Matrículas de Honra. En 1999 trasládase á Comunidade Extremeña, onde continúa a súa carreira pianística estudando no Conservatorio Superior de Música de Badajoz có profesor Alexander Kandelaki, baixo a súa supervisión, obtén o Título Superior de Piano con Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira.

Máis tarde realiza estudos de posgrao traballando có pianista Alexander Kandelaki no Centro Superior de Enseñanza Musical Katarina Gurska. Simultáneamente continúa ampliando os seus coñecementos participando en numerosos cursos de interpretación musical, tanto de piano como de música de cámara, impartidos por Alexander Kandelaki, Nino Kereselidze, Mariana Gurkova, Natalia Lamas, Rosa María Kucharski, Guillermo González, Sebastián Mariné ou Eulalia Solé, entre outros.

Durante todos estes anos, a súa experiencia concertística é ampla, actuando en numerosos recitales de piano e música de cámara, tales como os realizados na Aula de Cultura Esteban Sánchez da Excma. Diputación de Badajoz, na sala de Concertos Museo Pérez Comendador Leroux e no Festival Iberia celebrado en Hervás (Cáceres), na Sala de Concertos do Conservatorio Profesional de Música de Almendralejo, ou no Teatro López de Ayala de Badajoz. En Galicia cabe destacar a súa participación no Festival de Música Are More cun recital no ciclo da Integral das Sonatas de Mozart, ou os recitais có tubista Pablo Fernández e có oboísta Diego Dini. Ademais ofreceu recitales nos conservatorios da Coruña, Vigo, Ferrol, Culleredo e Santiago.

Forma o Dúo Scaramouche xunto có pianista Javier Ares, actuando en diversas salas do panorama musical galego, e realizando desde o 2010 varias estreas de compositores galegos contemporáneos.

Dende 1999 traballou nos Conservatorios Profesionais de Montijo, Almendralejo e A Coruña, e actualmente é profesor de piano e pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Máis recientemente completa a súa formación investigadora obtendo o título de “Master Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa”, título universitario oficial cursado na Universidade da Coruña.

Accede aos contidos das nosas publicacións para a súa visualización online e descarga