“Call for papers” 2017

“Call for papers”: Normas de presentación de traballos

 

Como xa anunciamos no pasado encontro de Pontevedra, o próximo mes de novembro de 2017 (entre os días 9 e 11) celebraremos en Santiago de Compostela un novo simposio que titularemos O espello de Galicia en América: ideoloxía, emigración e exilio (1875-1951) e do que podedes consultar na web os contidos temáticos, os relatores invitados e a data de recepción de propostas (antes do 15 de xuño). Darase resposta sobre as comunicacións admitidas, antes do 15 de xullo.

O simposio está organizado polo equipo I+D+i Fondos Documentais de Música nos arquivos civís de Galicia (1835-1936). Cidades do Eixe Atlántico (HAR2015-64024-R) (financiado polo  MINECO mediante unha axuda con fondos FEDER da Unión Europea. Colaboran a Xunta de Galicia, o Museo do Pobo Galego e a Universidade de Santiago de Compostela.

A matrícula no simposio é gratuíta, podendo participar activamente nas sesións todos aqueles investigadores/as que presenten un traballo -adecuado ao contido temático e marco cronolóxico do simposio- para ser exposto e defendido no correspondente apartado de comunicacións libres. Todos os traballos presentados deberán, pois, versar sobre as temáticas do Simposio, ser orixinais e inéditos, e ser aprobados previamente polo Comité Executivo nas datas que se indican.

Para solicitar a participación no Simposio, os interesados/as deberán remitir a través do formulario da nosa páxina web un único documento onde figure o seu nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto e vinculación con algunha institución académica ou investigadora, título do traballo proposto, así como un resumo do seu contido (duns 1.000 caracteres, aproximadamente), xunto cunha bibliografía básica e uns breve CV. A data límite para remitir propostas de título e correspondente resumo é o  15 de xuño de 2017. En caso de dúbidas: info@grupo-organistrum.com

Unha vez recibidas todas as propostas, o Comité reunirase para autorizar ou desestimar as diferentes solicitudes que integrarán ou Simposio, sendo esta decisión inapelable. Así mesmo, o Comité poderá suxerir as puntualizacións que estime oportunas en canto a títulos e contidos.

Concluído o Simposio, a organización emitirá a correspondente certificación personalizada de participación no mesmo, onde constará o título do traballo presentado.

Propostas:

He leído y acepto la política de privacidad

Accede aos contidos das nosas publicacións para a súa visualización online e descarga