Proyectos
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A procesión del Chucurruchú, convertida en música

O Chucuruchú, a popular procesión da Octava do Corpus en Santa María, serviu de inspiración nos anos trinta do pasado século a Antonio Iglesias Vilarelle para compoñer unha partitura do mesmo nome, unha suite en tres movementos que plasmaba esta tradición e que se estrenou en 1939 en Lisboa.

O autor foi unha das persoas que contibuiu decisivamente a asentar as bases do Seminario de Estudos Galegos e tamén do Museo de Pontevedra, no que onte se presentou esta edición da partitura de Iglesias Vilarelle, revisada agora a instancias do Consello de Cultura Galega.