Proxectos

Conferencias e concertos para analizar a influencia na música galega da emigración e do exilio en América

O grupo de investigación Organistrum da USC promove, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, o simposio O espello de Galicia en América: ideoloxía, emigración e exilio (1875-1951), no que, coa colaboración de reputados especialistas españois e americanos, analizarase desde hoxe e ata o 11 de novembro a influencia que tiveron a emigración e o exilio no último cuarto do século XIX e primeira metade do século XX na evolución da música galega.