Proxectos

Os sons da pedra. O ronsel do mestre Mateo

Dende o grupo de investigación Organistrum e coa colaboración de diferentes institucións, estamos a levar a cabo o proxecto Os sons da pedra que inclúe unha Exposición (comisariada por Monterrat Capelán e Carlos Villanueva), un Simposio e un Ciclo de Concertos (baixo o auspicio da área de cultura da USC).

Para máis información consulta a páxina web elaborada por Ilduara Vicente, Roberto Oliveira y Javier Gándara: www.sonsdapedra.com