Proxectos

‘O universo musical de Andrés Gaos (1874 – 1959)’, unha homenaxe á vida e obra do compositor galego

A USC e Afundación, Obra Social de Abanca, organizan o proxecto expositivo ‘O universo musical de Andrés Gaos (1874 – 1959)’, un percorrido pola vida e a obra do recoñecido compositor galego Andrés Gaos neste ano 2019, denominado ‘Ano Gaos’ no que se cumpren 60 anos do seu falecemento. Os comisarios e profesores da Universidade de Santiago de Compostela, Montserrat Capelán e Javier Garbayo, e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, presentaron este martes en rolda de prensa os detalles da mostra. A exposición poderase visitar ata o vindeiro 14 de decembro na Sede Afundación da Coruña.