O proxecto de I+D+i, Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): Cidades do Eixo Atlántico (REF: HAR2015-64024- R), estivo financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España, con fondos FEDER da Unión Europea. A súa realización estivo inscrita dentro do Plan Nacional de Investigación, na modalidade de “Retos da Sociedade” e tivo unha vixencia comprendida entre xaneiro de 2016 e novembro de 2019.
Este proxecto foi concibido como continuación matizada do I+D igualmente financiado polo MINECO entre 2009 e 2014, “Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875‑1936) ( HAR 2009‑09161) e no mesmo tiveron cabida ademais das investigacións xa consolidadas dalgúns dos seus membros, aquelas de investigadores e investigadoras noveis cuxas achegas foron fundamentais e quedaron amplamente acreditadas nas diferentes actividades.
Entre os seus resultados máis destacables hai que sinalar a defensa de catro teses doutorais sobre diferentes aspectos da música galega, a publicación de máis de 40 traballos científicos en diferentes formatos, a edición de diferentes partituras, a asistencia dos seus membros a congresos de ámbito nacional e internacional, así como a recuperación para Galicia do legado do violinista e compositor Andrés Gaos Berea (1874-1959), a quen se lle dedicaron diversas conmemoracións en 2019, con motivo do 60 aniversario do seu falecemento en Arxentina. Entre todas elas destacou a montaxe da exposición retrospectiva “Ou Universo Musical de Andrés Gaos”, con sede no Colexio de Fonseca na Universidade de Santiago e a sala de exposicións de Afundación. Obra Social de Abanca na Coruña, a realización dun amplo documental por parte da CRTVG, a restauración de dúas dos seus violíns, ciclos de concertos e conferencias ou a dixitalización e gravación de obras do autor actuando el mesmo como intérprete e outras versións históricas. Todas estas actividades foron posibles grazas a diversas colaboracións institucionais, como as da Universidade de Santiago, Afundación.Obra Social de Abanca, Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega, Deputación da Coruña, Concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Betanzos e As Pontes, CRTVG, RFG e OSG.
Integrantes
Equipo de Investigación
Prof. Dr. F. Javier Garbayo Montabes (IP1). USC
Prof. Dr. D. Carlos Villlanueva Abelairas (IP2). Catedrático Emérito USC
Profra. Dra. Dª Montserrat Capelán Fernández. USC
Carmen Becerra Suárez (U de Vigo)
Equipo de Traballo
Alejo Amoedo (CSM Vigo)
Javier Ares Espiño (CSM A Coruña)
Carlos Cambeiro (CSM Vigo)
Consuelo Carredano (UNAM)
Alba Díaz Taboada (USC)
José Antonio Cantal Mariño (CSM Vigo)
Rosa María Fernández García (IES Xelmírez II. Santiago de Compostela)
Xavier Groba Fernández (IES 1º marzo, Baiona)
Carolina Hernández Abad (CSM Vigo)
Leslie Freitas de Torres.
Nelly Iglesias Ríos (CSM Vigo /Coruña)
Asterio Leiva Piñeiro (CSM Vigo)
Carmen Losada (IES Hispanidade. Vigo)
María del Cármen Lorenzo Vizcaíno (USC)
Laura Touriñán Morandeira (USC)
Joám Trillo