{"id":7742,"date":"1999-03-10T12:59:50","date_gmt":"1999-03-10T11:59:50","guid":{"rendered":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/protagonistas\/juan-montes\/"},"modified":"2022-06-13T09:46:38","modified_gmt":"2022-06-13T07:46:38","slug":"juan-montes","status":"publish","type":"protagonistas","link":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/protagonistas\/juan-montes\/","title":{"rendered":"Juan Montes"},"content":{"rendered":"<p>Juan Montes Cap\u00f3n (Lugo 1840-1899) constit\u00fae, con Pascual Veiga e Jos\u00e9 Castro \u201cChan\u00e9\u201d, a gran triada musical do Rexurdimento<i><\/i> galego, sendo, sen d\u00fabida, sen apenas sa\u00edr da s\u00faa cidade natal, o m\u00e1is reco\u00f1ecido do gran relato que se escribe dentro e f\u00f3ra de Galicia: como o gran \u201cbardo\u201d-que dir\u00eda o P. Villalba-, capaz de reconciliar na s\u00faa obra a perfecta s\u00edntese da Galicia esencial que a s\u00faa obra acabou representando, tanto para a Galicia interior como exterior; tanto no marco galeguista do primeiro rexionalismo como no ideario nacionalista das <i>Irmandades<\/i>. Este ideal que, no seu caso, traduciuse nun repertorio limitado en pasados estudos a arranxos orfe\u00f3nicos, \u00e1 m\u00fasica para banda e \u00e1 m\u00fasica sacra escrita para a catedral de Lugo, vese enriquecido cun amplo mostrario de m\u00fasica de sal\u00f3n para piano e para voz e piano que practicamente (salvo as 6 baladas) \u00e9ranos desco\u00f1ecido ata hai pouco A recente edici\u00f3n de Jo\u00e1m Trillo (Dos acordes, 2016) de repertorio para <i>piano s\u00f3<\/i> (que se ver\u00e1 completada coa de <i>piano a 4 mans<\/i> e <i>piano e armonio<\/i>, en prensa), promovida por noso equipo I+D+i, reforza a nova idea da riqueza de Montes como compositor en diversas frontes, o sal\u00f3n en primeiro lugar, o cal se corrobora coa s\u00faa propia biograf\u00eda de docente: pianista en sal\u00f3ns de recreo, en caf\u00e9s-concerto, con ese repertorio transcultural que se tratou de esconder para dar m\u00e1is cabida e eco a uns Montes m\u00e1is transcendental e supostamente \u201cgalego\u201d.<\/p>\n<p>Formado musicalmente no Seminario de Lugo, alternou unha docencia regrada polos m\u00fasicos da catedral e do seminario (canto gregoriano, composici\u00f3n, direcci\u00f3n coral, etc.) coa do seu mestre Isidoro Branco, gran organista e pianista de sal\u00f3n, nunha \u00e9poca (a segunda metade do XIX) onde era posible, e ata necesario para poder subsistir, compatibilizar a actividade na capela de m\u00fasica con outras actividades f\u00f3ra da igrexa. Sen chegar a ordenarse, inicia a s\u00faa carreira musical tocando o piano na o Casino e no C\u00edrculo das Artes, fundando orfe\u00f3ns e rondallas, reorganizando a Banda Municipal, formando grupos de c\u00e1mara, tocando no foso do teatro, ou dando clases particulares; e present\u00e1ndose (e ga\u00f1ando) a moitos concursos -como director e como compositor-,sendo, en suma, o <i>factotum<\/i> da cidade da muralla e pronto o gran representante de Galicia merc\u00e9 a t\u00edtulos tan senlleiros e fermosos como <i>Negra sombra, Lonxe d\u00e1 terri\u00f1a ou Doce Sono<\/i>, entre outras, sobre textos dos grandes da poes\u00eda galega como Rosal\u00eda de Castro, Curros Enr\u00edquez, Salvador Golpe e outros; un modelo de adaptaci\u00f3n do culto e o popular. Quiz\u00e1 porque Montes tam\u00e9n recompilou un amplo cancionero recolleito por el mesmo en toda a provincia e dado a co\u00f1ecer polo seu sobri\u00f1o pol\u00edtico Indalecio Varela Lenzano.<\/p>\n<p>Fronte \u00e1 mobilidade e procura de novos horizontes dos seus compa\u00f1eiros de triada (Veiga acabou como profesor no Conservatorio de Madrid; \u201cChan\u00e9\u201d dirixindo a m\u00fasica no Centor Galego da Habana), Juan Montes escondeuse cada vez m\u00e1is no seu c\u00edrculo de amigos, de disc\u00edpulos, da s\u00faa familia, ou no seu faladoiro de caf\u00e9; e acabou deixando calquera actividade competitiva que supuxese sa\u00edr da s\u00faa muralla, onde, \u00e1 s\u00faa morte, o Concello acabou po\u00f1endo un busto fronte \u00e1 s\u00faa casa, na actual Praza de Santo Domingo, actualmente no barrio de San Roque. Quiz\u00e1 para que ningu\u00e9n botase de menos os paseos e os sa\u00fados do gran m\u00fasico lucense.<\/p>\n<p><strong>Carlos Villanueva Abelairas<\/strong><\/p>\n","protected":false},"featured_media":2686,"template":"","meta":{"_acf_changed":false},"categoria-protagonistas":[165],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/protagonistas\/7742","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/protagonistas"}],"about":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/protagonistas"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2686"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7742"}],"wp:term":[{"taxonomy":"categoria-protagonistas","embeddable":true,"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categoria-protagonistas?post=7742"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}