{"id":7744,"date":"1999-03-10T15:31:09","date_gmt":"1999-03-10T14:31:09","guid":{"rendered":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/protagonistas\/marcial-del-adalid\/"},"modified":"2022-06-13T09:55:59","modified_gmt":"2022-06-13T07:55:59","slug":"marcial-del-adalid","status":"publish","type":"protagonistas","link":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/protagonistas\/marcial-del-adalid\/","title":{"rendered":"Marcial del Adalid"},"content":{"rendered":"<p>Marcial Francisco Juan Bartolom\u00e9 del Adalid y Gurrea (Coru\u00f1a, 24\/08\/1826- L\u00f3ngora-Oleiros, 16\/10\/1881) \u00e9 un compositor galego do s\u00e9culo XIX, nacido no seo dunha familia de comerciantes, caracterizada por mostrar un gran interese pola cultura e, en concreto, pola m\u00fasica. Crece nun ambiente que facilita e potencia o estudo e co\u00f1ecemento da m\u00fasica como parte da cultura.<\/p>\n<p>A s\u00faa familia, de orixes rioxanas, asentouse na Coru\u00f1a, chegando a situarse como unha das sagas familiares empresariais m\u00e1is importantes do per\u00edodo de industrializaci\u00f3n en Galicia. Tiveron varios negocios, sendo o m\u00e1is destacado de todos, unha industria de vidro.<\/p>\n<p>S\u00e1bese que este compositor iniciou os seus estudos musicais a moi temper\u00e1 idade; recibiu clases de solfexo e de piano con Antonio Mart\u00ed. Tivo acceso desde a s\u00faa infancia \u00e1 obra de m\u00fasicos pioneiros europeos (Beethoven, Weber, Rossini, Moscheles, Schubert, Chopin, Bellini, Donizetti, Schumann, etc). En 1840 foi enviado a Londres polo seu pai para dar clase con Ignaz Moscheles, mestre, \u00e1 s\u00faa vez, do seu curm\u00e1n Marcial de Torres Adalid; permanecer\u00eda estudando con el nesta cidade un per\u00edodo de catro anos, ata 1844. Marcial do Adalid vese obrigado polo seu pai para cesar os seus estudos no estranxeiro e a regresar Coru\u00f1a por mor da crise econ\u00f3mica da empresa familiar (esta situaci\u00f3n de precaria actividade econ\u00f3mica ter\u00eda como consecuencia a disoluci\u00f3n da f\u00e1brica de vidro de forma repentina en 1845).<\/p>\n<p>En 1860, contrae matrimonio con Francisca Gonz\u00e1lez Garrido Garc\u00eda, Fanny Garrido, dezasete anos m\u00e1is novo que el. Deste matrimonio nacer\u00eda unha \u00fanica filla, Mar\u00eda das Dores do Adalid.<\/p>\n<p>Adalid e Fanny crearon un ambiente propicio para a reuni\u00f3n dos m\u00e1is importantes intelectuais da \u00e9poca mediante reuni\u00f3ns e concertos na s\u00faa vivenda familiar, o Pazo de L\u00f3ngora, en Oleiros (Coru\u00f1a). Entre as personalidades que por al\u00ed pasaron, cabe destacar a presenza de Emilia Pardo Baz\u00e1n (1851-1921), Alejandro P\u00e9rez Lug\u00edn (1870-1926), Sof\u00eda Casanova (1862-1958) e Canoto Berea Rodr\u00edguez (1836-1891).<\/p>\n<p>Cabe destacar que en 1869, realizou unha viaxe a Par\u00eds, acompa\u00f1ado da s\u00faa esposa e do seu amigo Juan Guelbenzu; esta viaxe \u00e9 importante para a carreira compositiva de Marcial do Adalid, porque a partir de ent\u00f3n xurdir\u00e1 a s\u00faa relaci\u00f3n con diversas editoriais estranxeiras, principalmente parisienses.<\/p>\n<p>Marcial do Adalid falece de cancro o 16 de outubro de 1881 no Pazo de L\u00f3ngora, en Oleiros, aos 54 anos de idade. Tras a morte de Adalid, Fanny Garrido contrae un segundo matrimonio co cient\u00edfico lucense Jos\u00e9 Rodr\u00edguez Mourelo, 11 anos m\u00e1is novo que ela, con quen pasou longas tempadas en Madrid.<\/p>\n<p><strong>Laura Touri\u00f1\u00e1n Morandeira<\/strong><\/p>\n","protected":false},"featured_media":2673,"template":"","meta":{"_acf_changed":false},"categoria-protagonistas":[165],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/protagonistas\/7744","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/protagonistas"}],"about":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/protagonistas"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2673"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7744"}],"wp:term":[{"taxonomy":"categoria-protagonistas","embeddable":true,"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categoria-protagonistas?post=7744"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}