{"id":7767,"date":"1999-03-10T16:13:01","date_gmt":"1999-03-10T15:13:01","guid":{"rendered":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/protagonistas\/andres-gaos-berea\/"},"modified":"2022-06-13T10:53:47","modified_gmt":"2022-06-13T08:53:47","slug":"andres-gaos-berea","status":"publish","type":"protagonistas","link":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/protagonistas\/andres-gaos-berea\/","title":{"rendered":"Andr\u00e9s Gaos Berea"},"content":{"rendered":"<p>Andr\u00e9s Gaos Berea (A Coru\u00f1a, 1874 \u2013 Mar de Prata, 1959) foi un importante violinista, compositor, director de orquestra e pedagogo que naceu na Coru\u00f1a e que viviu boa parte da s\u00faa vida en Arxentina, pa\u00eds no que faleceu.<\/p>\n<p>Cando contaba con poucos meses, a s\u00faa familia trasl\u00e1dase \u00e1 cidade de Vigo, onde o seu pai establecer\u00e1 unha sucursal da tenda de m\u00fasica Canuto Berea, t\u00edo materno do neno. Dende moi pequeno, Gaos pasar\u00e1 longas horas neste establecemento, sendo o encargado de tocar o repertorio que os clientes quer\u00edan comprar e estudando viol\u00edn e piano, instrumento que tam\u00e9n chegar\u00e1 a tocar con gran solvencia.<\/p>\n<p>Considerado pola prensa como un neno prodixio, as cr\u00edticas dos seus concertos v\u00f3lvense habituais na prensa galega xa desde 1883, cando presenta o seu primeiro concerto na cidade de Vigo. A partir de ent\u00f3n s\u00e9guense presentaci\u00f3ns na Coru\u00f1a, Ferrol e Vigo e son tan memorables que ata a prensa da Habana ap\u00fantaos nalgunha ocasi\u00f3n en que a s\u00faa actuaci\u00f3n v\u00e1lelle un premio extraordinario.<\/p>\n<p>Aos doce anos \u00e9 bolseiro pola Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a para realizar estudos no Conservatorio de Madrid, co famoso violinista Jes\u00fas de Mosteiro e posteriormente pasa a perfeccionarse en Par\u00eds e Bruxelas, onde tam\u00e9n estudar\u00e1 composici\u00f3n e ser\u00e1 alumno de Eug\u00e8ne Ysa\u00ffe, co\u00f1ecido como \u201co rei do viol\u00edn\u201d.<\/p>\n<p>Con apenas 20 anos, far\u00e1 a s\u00faa primeira xira por Am\u00e9rica, para terminar instal\u00e1ndose finalmente en Arxentina en 1895. Neste pa\u00eds desenvolver\u00e1 unha importante actividade educativa (chegou a crear o seu propio conservatorio en 1904), interpretativa (como solista e co seu cuarteto), como director de orquestra (entre outras cousas foi o director da orquestra que representou a Arxentina na exposici\u00f3n de Par\u00eds de 1937) e compositiva.<\/p>\n<p>A\u00ednda que a s\u00faa cidade de residencia ser\u00e1 Bos Aires, realiza xiras constantes por diferentes pa\u00edses americanos (Estados Unidos, Cuba, Montevideo, M\u00e9xico, nalgunhas das cales participa con Saint-S\u00e4ens) e europeos (Francia, B\u00e9lxica, Portugal, Italia, Rusia). Tanto a prensa estranxeira como a espa\u00f1ola consid\u00e9rano o maior representante da escola espa\u00f1ola de viol\u00edn e ch\u00e1mano habitualmente o \u201cSarasate do porvir\u201d. De especial importancia \u00e9 a \u201ctourn\u00e9e\u201d que realiza por Europa entre 1925 e 1932 e na que act\u00faa en boa parte de Espa\u00f1a, do que se deixa constancia na prensa de m\u00e1is de 20 cidades. Caben destacar as boas cr\u00edticas que recibe de m\u00fasicos tan importantes como Joaqu\u00edn Turina ou as do propio Adolfo Salazar quen, dende a s\u00faa columna de <em>El Sol<\/em> encomia a Gaos non xa coma int\u00e9rprete, sen\u00f3n sobre todo pola s\u00faa actividade compositiva da que sinala que \u00e9 de \u201caltos voos e interese\u2026 especialmente a sonata para piano e viol\u00edn\u201d.<\/p>\n<p>A s\u00faa obra compositiva \u00e9 ampla. Con m\u00e1is de 70 t\u00edtulos incl\u00fae repertorio esc\u00e9nico, orquestral, pian\u00edstico, para viol\u00edn, para violoncello e para voz e piano. Ademais do repertorio arxentino, como o seu <em>Tango<\/em> ou a s\u00faa <em>Danza argentina<\/em>, compuxo un importante repertorio de tem\u00e1tica galega como a s\u00faa <em>Mui\u00f1eira<\/em>, <em>Aires gallegos<\/em>, <em>Rosa de Abril<\/em> (baseada nun poema de Rosal\u00eda de Castro) e a s\u00faa famosa <em>Sinfon\u00eda n\u00ba 2<\/em>, co\u00f1ecida tam\u00e9n como <em>Suite Galaica ou En las Monta\u00f1as de Galicia<\/em> e coa que ga\u00f1ou o premio da Irmandade Galega de Buenos Aires en 1953, o que lle valeu ser considerado un dos m\u00e1ximos representantes da m\u00fasica galega.<\/p>\n<p>A pesar da importancia que tivo Andr\u00e9s Gaos, cara \u00e1 metade do s\u00e9culo XX, converteuse nun verdadeiro desco\u00f1ecido en Galicia. A s\u00faa recuperaci\u00f3n deb\u00e9moslla, en gran parte, ao director da banda coru\u00f1esa, o mestre Rodrigo Santiago quen se encargou de rescatar e interpretar gran parte da s\u00faa obra, ao investigador e m\u00fasico Ramiro Cartelle, quen non s\u00f3 fundou a Asociaci\u00f3n Musical Andr\u00e9s Gaos, sen\u00f3n que tam\u00e9n foi o art\u00edfice de que se doase parte do arquivo do m\u00fasico, as\u00ed como dous dos seus viol\u00edns, \u00e1 cidade da Coru\u00f1a. Pola s\u00faa banda Jo\u00e1m Trillo, rescatou e editou (Agadic-Dous Acordes) parte da s\u00faa obra, algunha da cal foi interpretada pola Orquestra Sinf\u00f3nica de Galicia baixo a direcci\u00f3n de V\u00edctor Pablo P\u00e9rez. Todo este labor, con todo, non ser\u00eda posible sen as dilixencias e bo facer de Andr\u00e9s Gaos, fillo, quen dedicou boa parte da s\u00faa vida para po\u00f1er en valor a memoria do seu pai e a colleitar toda a documentaci\u00f3n posible sobre a obra e a biograf\u00eda do mesmo. O seu desexo foi que todo ese Fondo, que conservou, colleitou e organizou ao longo de toda a s\u00faa vida, estea agora na Universidade de Santiago de Compostela, para a s\u00faa custodia e difusi\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Montserrat Capel\u00e1n Fern\u00e1ndez<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.afundacion.org\/es\/visitas-virtuales\/vista\/exposicion-o-universo-musical-de-andres-gaos-1874-1959.-a-coruna\">Visita virtual \u00e1 exposici\u00f3n \u201cO universo musical de Andr\u00e9s Gaos (1874-1959)\u201d, patrocinada por Obra Social ABanca e que tivo lugar entre outubro y decembro de 2019 na Sede AFundaci\u00f3n da A Coru\u00f1a<\/a><\/p>\n","protected":false},"featured_media":2710,"template":"","meta":{"_acf_changed":false},"categoria-protagonistas":[165],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/protagonistas\/7767","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/protagonistas"}],"about":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/protagonistas"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2710"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7767"}],"wp:term":[{"taxonomy":"categoria-protagonistas","embeddable":true,"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categoria-protagonistas?post=7767"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}