{"id":7772,"date":"1999-03-10T16:25:42","date_gmt":"1999-03-10T15:25:42","guid":{"rendered":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/protagonistas\/fanny-garrido-la-escritora-eulalia-de-lians\/"},"modified":"2022-06-13T11:19:46","modified_gmt":"2022-06-13T09:19:46","slug":"fanny-garrido-la-escritora-eulalia-de-lians","status":"publish","type":"protagonistas","link":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/protagonistas\/fanny-garrido-la-escritora-eulalia-de-lians\/","title":{"rendered":"Fanny Garrido, a escritora \u00abEulalia de Li\u00e1ns\u00bb"},"content":{"rendered":"<div class=\"two_columns_66_33 clearfix portfolio_container\">\n<div class=\"column2\">\n<div class=\"column_inner\">\n<div class=\"portfolio_detail portfolio_single_no_follow clearfix\">\n<div class=\"info portfolio_content\">\n<div class=\"vc_row wpb_row section vc_row-fluid \">\n<div class=\" full_section_inner clearfix\">\n<div class=\"wpb_column vc_column_container vc_col-sm-12\">\n<div class=\"vc_column-inner \">\n<div class=\"wpb_wrapper\">\n<div class=\"wpb_text_column wpb_content_element \">\n<div class=\"wpb_wrapper\">\n<p>De ascendencia espa\u00f1ola-mexicana, nace na cidade de A Coru\u00f1a o 30 de outubro de 1842, froito do matrimonio entre o Primeiro M\u00e9dico do Hospital Militar da Coru\u00f1a, Francisco de Borja Gonz\u00e1lez Garrido del Amo, natural de Vilafranca do Bierzo, e Josefa Garc\u00eda Cuenca, de M\u00e9xico. Ao cuarto d\u00eda do seu nacemento, foi bautizada na Igrexa Parroquial de Santa Mar\u00eda del Campo daquela mesma cidade, co nome de Francisca Claudia Josefa Antonia Gonz\u00e1lez-Garrido y Garc\u00eda.<\/p>\n<p>Igual c\u00e1s s\u00faas irm\u00e1s maiores, Ana e Enriqueta, Fanny gozou dunha exclusiva educaci\u00f3n que lle proporcionou unha s\u00f3lida cultura e dominio de varias linguas; tam\u00e9n as s\u00faas incesantes viaxes por Centroeuropa determinaron o seu don de xentes, o seu saber estar e a s\u00faa visi\u00f3n progresista das necesidades sociais e culturais da s\u00faa \u00e9poca, que a converteron nunha muller -pioneira, rompedora e avanzada ao seu tempo- que refulx\u00eda con luz propia al\u00e1 onde \u00eda. Todo iso refl\u00edctese na s\u00faa obra literaria, pois, m\u00e1is al\u00f3 das s\u00faas renomeadas novelas asinadas baixo o pseud\u00f3nimo \u201cEulalia de Li\u00e1ns\u201d \u2013<em>Escaramuzas<\/em> (publicada en Madrid, en 1885), <em>La madre de Paco Pardo<\/em> (na mesma cidade, en 1898) e <em>Batallas<\/em> (in\u00e9dita)-, os t\u00edtulos dos seus ensaios, artigos de prensa e obras literarias menores, dan testemu\u00f1o da s\u00faa preocupaci\u00f3n e implicaci\u00f3n coa problem\u00e1tica social do seu tempo, as\u00ed como da s\u00faa devoci\u00f3n pola cultura e polo folclore galego, por exemplo: o seu conto <em>Jaque-mate<\/em> (1887), publicado no <em>Correo Gallego<\/em>; <em>La fiesta de la patrona<\/em> (1887), <em>La situaci\u00f3n agr\u00edcola<\/em> (1887) e <em>Los infinitamente peque\u00f1os<\/em> (1892), publicados na revista <em>Galicia<\/em> de Andr\u00e9s Mart\u00edn Salazar; <em>El problema de la Mendicidad<\/em> (1909) e <em>De c\u00f3mo se salvan las vidas en la primera infancia<\/em> (1912), escritos en calidade de Vocal do Consello Superior de Protecci\u00f3n \u00e1 Infancia; <em>Sue\u00f1os, ideales, realidad<\/em> (1913) como Vicepresidenta do Centro Iberoamericano de Cultura Popular Feminina; etc. Por \u00faltimo, non \u00e9 posible lembrar a s\u00faa traxectoria literaria sen facer menci\u00f3n \u00e1s s\u00faas traduci\u00f3ns ao castel\u00e1n de obras alem\u00e1s, como, por exemplo, <em>Viaje a Italia<\/em> (1891) de Goethe, que incl\u00fae un limiar cr\u00edtico.<\/p>\n<p>O enaltecemento da s\u00faa innegable beleza \u00e9 unha loa reiterada polos seus bi\u00f3grafos e isto corrob\u00f3rase con cada un dos poucos retratos que dela temos. Na nosa hemeroteca galega, Isabel Mart\u00ednez Barbeito describe as\u00ed a elegancia da s\u00faa presenza: \u201cten\u00eda ojos azules, grandes y dulces, fino cutis, un rostro de rasgos armoniosos; el pelo rubio peinado, de adolescente, en bucles y m\u00e1s tarde en bandos sencillamente recogido en la nuca; todo ello aderezado con un aire de gran se\u00f1ora\u201d. Tal foi o eco da s\u00faa fermosura, que ata o noso tempo chega a lenda de que a ra\u00ed\u00f1a Isabel II, na s\u00faa viaxe a Galicia en 1858 para a inauguraci\u00f3n do ferrocarril que un\u00eda a cidade de A Coru\u00f1a con Madrid, cruzouse con Fanny -a\u00ednda nova- e, impactada pola s\u00faa beleza, mandouna chamar e, ao despedirse, ofreceuse a ser a s\u00faa madri\u00f1a de voda. Esta an\u00e9cdota, que \u00e9 cl\u00e1sica da cr\u00f3nica coru\u00f1esa, ten visos de ser certa xa que o 16 de xu\u00f1o de 1860, Fanny Garrido contraeu matrimonio co eximio compositor galego Marcial del Adalid y Gurrea na Capela-Oratorio do Pazo do Excmo. Se\u00f1or Capit\u00e1n Xeral na Coru\u00f1a (actual Pazo de Capitan\u00eda Xeral), e constan como padri\u00f1os do casamento insignes personalidades da nobreza espa\u00f1ola enviados especialmente en representaci\u00f3n da monarca .<\/p>\n<p>A vida deste matrimonio desenvolveuse entre Madrid e a s\u00faa residencia en Oleiros con intermitentes estad\u00edas no estranxeiro, especialmente na capital francesa. Nesta granxa \u2013como as\u00ed chamaba o Mestre Adalid ao seu Pazo de L\u00f3ngora- eran tradici\u00f3n os ser\u00e1ns rodeados de amigos artistas e intelectuais: Emilia Pardo Baz\u00e1n, Sof\u00eda Casanova, os pintores Taibo e Llor\u00e9ns, Pan de Soraluce, Alfredo Tella, P\u00e9rez Lug\u00edn\u2026 Foi este lugar tam\u00e9n escenario de inspiradas composici\u00f3ns como <em>Cantares viejos y nuevos de Galicia <\/em>(1877-1881), obra que funde o talento destes dous creadores en fermosas melod\u00edas galegas que recollen a m\u00e1is pura esencia da nosa terra, como as\u00ed expresou a Condesa de Pardo Baz\u00e1n: \u201cla exquisita sensibilidad del autor le ayud\u00f3 a entender y expresar el contenido de la m\u00fasica de nuestras tierras, semi-guerrera, religiosa al modo vago y pante\u00edstico de los celtas, y sobre todo \u2013lo han reconocido cuantos la oyeron- melanc\u00f3lica, velada como nuestro cielo, quejosa como nuestros pinares y como el oleaje de nuestro mar de Cantabria. Con sumo tacto acert\u00f3 Adalid a conservar a los cantares gallegos su id\u00edlica sencillez, su campestre frescura, sin robarles el color y el sabor regionales, sin profanarlos con adornos que as\u00ed sientan al arte del pueblo, cual flores de trapo sobre un arbusto lozano y natural\u201d.<\/p>\n<p>C\u00f3mpre mencionar aqu\u00ed o feito posiblemente m\u00e1is importante, e quizais menos co\u00f1ecido, de toda a traxectoria de Fanny Garrido: o 29 de decembro de 1883 ten lugar o acto constitucional da \u201cSociedade de Folk-Lore Galego\u201d, na r\u00faa Tabernas, n\u00ba 11. No seu compromiso con Galicia, acompa\u00f1ando \u00e1 presidenta e promotora, Emilia Pardo Baz\u00e1n, figura Fanny Garrido coma socia fundadora na xunta inaugural da instituci\u00f3n, sendo ambas as \u00fanicas mulleres participantes, fronte a unha maior\u00eda masculina. Posteriormente estar\u00eda presente tam\u00e9n na primeira listaxe xeral \u201cfolkloristas considerados como socios fundadores\u201d da \u201cAcademia Gallega\u201d, esta vez a car\u00f3n de outras galegas ilustres coma Filomena Dato, Joaquina Ota\u00f1o, Matilde Frade ou Francisca Fern\u00e1ndez Vaamonde, entre outras. \u00c9 debido \u00e1 s\u00faa contribuci\u00f3n nestes sucesos hist\u00f3ricos que foi nomeada Acad\u00e9mica Correspondente da Real Academia Galega o 15 de setembro de 1905.<\/p>\n<p>Do seu matrimonio con Marcial nacer\u00eda unha filla, Mar\u00eda de los Dolores Francisca del Adalid y Gonz\u00e1lez Garrido (1874-1930), \u00fanica herdeira, que ao termo da s\u00faa vida entregar\u00eda xenerosamente as bibliotecas de m\u00fasica e medicina da s\u00faa familia \u00e1 Real Academia Galega. Este legado bibliogr\u00e1fico orixinariamente privado, hoxe co\u00f1ecido coma \u201cFondo Adalid\u201d, destaca pola riqueza e singularidade das s\u00faas pezas e este acto de doaz\u00f3n foi conmemorado e agradecido pola Instituci\u00f3n co seu nomeamento como Acad\u00e9mica de Honra o 5 de marzo de 1929.<\/p>\n<p>Tras seis anos de viuvez, Fanny Garrido contraer\u00eda matrimonio co prestixioso catedr\u00e1tico e qu\u00edmico lucense Jos\u00e9 Rodr\u00edguez Mourelo. Rodeada de homes de ciencia \u2013 como Ram\u00f3n y Cajal, Echegaray ou Torres Quevedo, entre outros- e implicada na beneficencia e no mecenado, pasou esta segunda etapa da s\u00faa vida asentada en Madrid, quedando L\u00f3ngora como residencia estival. Chega ao seu fin a s\u00faa vida o 11 de novembro de 1917 na capital, nova que foi recollido pola prensa nacional con gran pesar por ter perdido a sociedade unha das s\u00faas m\u00e1is carism\u00e1ticas e distinguidas damas.<\/p>\n<p><strong>Laura Touri\u00f1\u00e1n Morandeira<\/strong><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"featured_media":2716,"template":"","meta":{"_acf_changed":false},"categoria-protagonistas":[164],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/protagonistas\/7772","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/protagonistas"}],"about":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/protagonistas"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2716"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7772"}],"wp:term":[{"taxonomy":"categoria-protagonistas","embeddable":true,"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categoria-protagonistas?post=7772"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}