{"id":7777,"date":"1999-03-10T16:30:10","date_gmt":"1999-03-10T15:30:10","guid":{"rendered":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/protagonistas\/ramon-de-arana-y-perez\/"},"modified":"2022-06-13T11:32:29","modified_gmt":"2022-06-13T09:32:29","slug":"ramon-de-arana-y-perez","status":"publish","type":"protagonistas","link":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/protagonistas\/ramon-de-arana-y-perez\/","title":{"rendered":"Ram\u00f3n de Arana y P\u00e9rez"},"content":{"rendered":"<p>Ram\u00f3n de Arana y P\u00e9rez (Ferrol, 1858-1936), m\u00e1is co\u00f1ecido como <i>Pizzicato<\/i>, foi Enxe\u00f1eiro da Armada de formaci\u00f3n, profesor na Escola de Artes e Oficios de Ferrol; redactor e xornalista no <i>Correo Galego<\/i> e colaborador noutros medios rexionais e espa\u00f1ois de profesi\u00f3n, pero folclorista de verdadeira vocaci\u00f3n. A s\u00faa personalidade \u00e9, sen d\u00fabida, unha das m\u00e1is representa do pensamento finisecular aplicado sobre a m\u00fasica en Galicia, superado o pensamento e as teor\u00edas emanadas do <i>Rexurdimento<\/i>.<\/p>\n<p>Formado musicalmente na tradici\u00f3n familiar representada polo seu pai, o soado m\u00fasico, director de bandas castrenses e compositor Eduardo de Arana e polo seu av\u00f3, Joaqu\u00edn de Arana, nos seus escritos deixa ver toda a herdanza ideol\u00f3xica do pensamento galego anterior, que aplica \u00e1 m\u00fasica e impr\u00edmelle o novo rumbo do movemento rexeracionista liderado nos seus inicios por Francisco Asenjo Barbieri e continuado m\u00e1is adiante por Felipe Pedrell. Nel inscribe todo o seu pensamento que se ve tam\u00e9n influenciado polo regionalismo en boga ent\u00f3n dentro da pol\u00edtica. <i>Rexurdimento,<\/i> Rexeracionismo e Rexionalismo, son as\u00ed os factores sobre os que Arana edifica todo un elaborado discurso dial\u00e9ctico, cuxo fin \u00faltimo era dotar \u00e1 m\u00fasica galega de dignidade art\u00edstica por medio da reivindicaci\u00f3n dunha personalidade propia, s\u00f3lidamente sustentada agora sobre o co\u00f1ecemento do seu pasado hist\u00f3rico e o do seu folclore. Este ideal para Arana ti\u00f1a a s\u00faa paradigma na figura do m\u00fasico lucense Juan Montes, modelo a seguir para lograr unha verdadeira e s\u00f3lida <i>m\u00fasica galega<\/i> que puidese competir coa europea dentro e f\u00f3ra das nosas fornteras.<\/p>\n<p>Ao longo da s\u00faa vida mantivo unha intensa relaci\u00f3n profesional e epistolar con Juan Montes, Canoto Berea, Indalecio Varela Lenzano, Casto Sampedro, Santiago Tafall Abad, Perfecto Feij\u00f3o, Leandro de Saralegui, Francisco Tettamancy, Manuel Murgu\u00eda e Felipe pedrell, entre outros. En 1901, en coautor\u00eda con Varela Lenzano, obtivo premio dos Xogos Florais celebrados en Lugo, polo seu <i>Monograf\u00eda sobre la m\u00fasica patri\u00f3tica espa\u00f1ola<\/i>. En 1910 o seu cancionero titulado, <i>Cantos, Bailes y Tonadas de Galicia<\/i> foi igualmente premiado na Exposici\u00f3n Nacional de Belas Artes celebrada en Madrid. Arana foi ademais un dos colaboradores de Pedrell na redacci\u00f3n do cap\u00edtulo dedicado a Galicia no seu <i>Cancionero Popular Espa\u00f1ol<\/i>. Tam\u00e9n achegou a Casto Sampedro numerosos materiais para a elaboraci\u00f3n do <i>Cancionero Musical de Galicia<\/i> que realzar\u00eda con V\u00edctor Said e que obtivo en 1911 o premio da Academia de Bellas Artes de San Fernando.<\/p>\n<p>Entre os seus numerosos escritos, ademais de numeros\u00edsimas columnas xornal\u00edsticas, destacan as s\u00faas \u201cRomar\u00edas ferrol\u00e1s\u201d ou \u201cM\u00fasica popular ferrolana\u201d, publicados desde o <i>Almanaque de Ferrol<\/i> que editaba Leandro de Saralegui e onde apareceron tam\u00e9n os traballos dedicados a \u201cEl teatro en Ferrol. Una efem\u00e9rides\u201d o \u201cEl \u00f3rgano de San Juli\u00e1n\u201d. Gran difusi\u00f3n alcanzo \u201cSolo de gaita\u201d e \u201cSolo de gaita (coda)\u201d estudos de organograf\u00eda galega, aparecidos no <i>Bolet\u00edn da Real Academia Galega<\/i> en 1910. En 1919 foi proposto como membro da Real Academia Galega, renunciando en 1925.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Javier Garbayo Montabes<\/strong><\/p>\n","protected":false},"featured_media":2719,"template":"","meta":{"_acf_changed":false},"categoria-protagonistas":[164],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/protagonistas\/7777","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/protagonistas"}],"about":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/protagonistas"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2719"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7777"}],"wp:term":[{"taxonomy":"categoria-protagonistas","embeddable":true,"href":"https:\/\/grupo-organistrum.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categoria-protagonistas?post=7777"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}