Comienza el simposio sobre la emigración de los músicos gallegos a América entre 1875 y 1951

Comienza el simposio sobre la emigración de los músicos gallegos a América entre 1875 y 1951

A investigación financiada polo MINECO ‘Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia (1875-1951): Cidades do Eixo Atlántico’ que dirixen os profesores da USC Carlos Villanueva e Javier Garbayo organiza estes días en Santiago un simposio sobre o movemento migratorio dos músicos galegos a América.O encontro ‘O espello de Galicia en América: ideoloxía, emigración e exilio (1875-1951)’ desenvolverase no Museo do Pobo Galego entre os días 9 e 11, e reunirá especialistas de toda España e americanos en torno á época que vai do gran movemento migratorio galego de finais do XIX –que tivo resultados asociativos de gran transcendencia– ata 1951, coa primeira etapa da posguerra.

Concertos
No simposio está prevista a celebración de dous concertos, de entrada libre, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). O primeiro, titulado ‘Concerto de cancións galegas de aquí e de alá’, será o día 10 ás 20.30 horas a cargo da soprano Susana Lorenzo e do pianista Alejo Amoedo. No recital interpretarase a música de salón da época composta polos galegos Andrés Gaos, José Fernández Vide, José Castro Chené, Reveriano Soutullo, Pascual Veiga e Juan Montes.

O día seguinte á mesma hora terá lugar o concerto de clausura, que baixo o título ‘ Turnostandas de baile do século XIX no mundo hispanoamericano’ interpretarán os pianistas Mariantonia Palacios e Juan Francisco Sans. O recital está conformado por música de baile de compositores latinoamericanos e galegos do século XIX. A idea é ilustrar como se seleccionaban as pezas para formar unha secuencia de baile que no século XIX se coñecía como turnotanda, bailados, rigodón ou lanceros.