Proxectos

O universo musical do coruñés Andrés Gaos se expone en Afundación

Emigrou a Uruguai primeiro, e a Arxentina despois, onde faleceu en 1959. Con todo, a súa última actuación foi na Coruña en 1927, onde, entre outras composicións de repertorio, interpretou dúas obras propias. Alén do charco alcanzou un gran éxito, ata o punto de ser elixido para representar a Arxentina como director de repertorio na Exposición internacional de París de 1937.

 

Desde Afundación destacan a súa “gran habilidade para reflectir unha «patria» como homenaxe aos países onde viviu e traballou”. A mostra, que se inaugura este xoves, 10 de outubro, está conformada polo legado do compositor conservado no Fondo Gaos, recentemente doado polo seu fillo á Universidade de Santiago de Compostela. Un legado que “atesoura partituras, borradores, correspondencia, críticas, programas, fotografías, dedicatorias e mesmo varios violíns”.