Estadía de investigación de Javier Gándara Feijóo na Casa Velázquez de Madrid

Estadía de investigación de Javier Gándara Feijóo na Casa Velázquez de Madrid

Javier Gándara Feijóo atópase realizando unha estancia de investigación con residencia na Casa de  Velázquez (Madrid), grazas a unha bolsa de ata tres meses convocada polo Consello da Cultura Galega (PR970A; DOG Núm. 133 do 14 de xullo de 2021). O seu traballo céntrase na análise de personaxes galegos e franceses na tonadilla escénica madrileña entre os anos 1750 e 1814. Para iso, consulta documentación de institucións como a Biblioteca Histórica Municipal de Madrid (onde se custodian case 2000 obras manuscritas do citado xénero, provenientes dos coliseos da Cruz e O Príncipe), a Biblioteca do Palacio Real (que posúe pezas representadas en ámbito cortesán durante os reinados de Carlos III e Carlos IV) ou a Biblioteca do Real Conservatorio Superior de Música (con exemplares doados por Amadeo de Saboya). Ademais, consérvanse tonadillas na Biblioteca Nacional de España (Legado Barbieri) e a Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla- UCM (libretos que pertenceran ao médico Antonio Hernández Morejón). Para todo iso, Javier Gándara conta coas orientacións de Luís González (Casa de  Velázquez), Germán Labrador ( CSIPM- UAM) e Montserrat  Capelán (USC; directora da súa tese).