A Filharmonía homenaxea mañán a Andrés Gaos

A Filharmonía homenaxea mañán a Andrés Gaos

Real Filharmonía de Galicia renderá homenaxe no seu concerto semanal ao compositor galego Andrés Gaos coincidindo co 60 aniversario do seu falecemento. A batuta levaraa Rubén Gimeno en substitución do director titular, Paul Daniel, que tivo que cancelar a súa participación por enfermidade. O concerto comezará con Impresión nocturna, a peza que Gaos compuxo con motivo da Exposición Internacional de París de 1937. Seguiranlle algunhas das cancións máis populares de Gaos orquestradas polo compositor Joam Trillo, que serán interpretadas pola mezzosoprano catalá Marta Infante. Ademais, o programa inclúe obras de Ralph Vaughan Williams e de Alban Berg. Unha peza deste último será interpretada por Birgit Kolar cun violín de 1723. Kolar substitúe a Ye- Eun Choi, que sufriu un accidente. Antes do concerto haberá unha charla con Rubén Gimeno, Joam Trillo e Montse Capelán, que investigou sobre Gaos.