Proxectos

“O Universo Musical de Gaos”. O colexio de Fonseca acolle unha mostra sobre o intérprete e compositor (La Voz de Galicia)

Os catro violíns que se conservan de Andrés Gaos, pero tamén programas, cartas, fotografías, críticas, partituras e documentación persoal conforman a exposición sobre o intérprete e compositor que onte se inaugurou no colexio de Fonseca. Ou universo musical de Andrés Gaos (1874-1959), con maioría de obxectos orixinais e inéditos, poderá visitarse ata o 31 de maio.