“Obras para piano de compositores galegos”, no Paraninfo – El Correo Gallego

“Obras para piano de compositores galegos”, no Paraninfo – El Correo Gallego

Presentación no Paraninfo da Universidade-20´00 h.-, na que o grupo “Organistrum” da “USC”, que dirixen Carlos Villanueva Abelairas e Javier Garbayo, darán a coñecer a publicación da colección dedicada a “Obras para piano de compositores galegos”, auspiciada polo Ministerio de Cultura, e que selecciona dez obras de compositores do XIX e da primeira metade do XX, con intención divulgativa para profesionais e aficionados. Para o acto contarase con Francisco Durán, decano da Facultade de Xeografía e Historia; Juan Monterroso, director do Departamento de Historia Moderna; Montserrat Capelán, coordinadora da publicación e Laura Touriñán y Joám Trillo, responsables das transcripcions. Para completar o acto,ofrecerase un breve concerto a cargo dos pianistas e musicólogos Nelly Iglesias y Alejo Amoedo, que interpretarán o “Preludio en Re m.”, de E. Rodríguez Losada e “Un recuerdo” e “Romance”, de José Baldomir.