Participación de J. Garbayo e M. Capelán no 5º Congreso MUSPRES da SEdeM

Participación de J. Garbayo e M. Capelán no 5º Congreso MUSPRES da SEdeM

Os días 18, 19 e 20 de maio de 2017, na Biblioteca Nacional de Portugal (Lisboa), terá lugar o Congreso Internacional (5º Congreso MUSPRES da Sociedad Española de Musicología) “A prensa como fonte para a historia da interpretación musical”. O Grupo Organistrum está representado por dous dos seus membros: Javier Garbayo Montabes coa intervención Os certames musicais galegos vistos por Ramón de Arana, “Pizzicato” e de Montserrat Capelán Fernández con A recepción de Andrés Gaos a través da prensa.