Proxectos

Presentación do libro “Agora entramos nós. Voces ceibes e a canción protesta galega” na librería Couceiro

Cando se cumpren 50 anos do primeiro concerto de Voces Ceibes, na Libraría Couceiro falamos do libro de Sheila Fernández Conde “Agora entramos nós. Voces Ceibes e a canción protesta galega”, un traballo no que se fala dun tempo no que a música permitiu que unha loita que xa esmorecía tomase novos folgos: a canción substituía o mitin.