
30 Xuñ Presentación do libro “Agora entramos nós. Voces ceibes e a canción protesta galega” na librería Couceiro
Publicado el 30 Xuñ a las 20:27 h
Cando se cumpren 50 anos do primeiro concerto de Voces Ceibes, na Libraría Couceiro falamos do libro de Sheila Fernández Conde “Agora entramos nós. Voces Ceibes e a canción protesta galega”, un traballo no que se fala dun tempo no que a música permitiu que unha loita que xa esmorecía tomase novos folgos: a canción substituía o mitin.