Proxectos

Presentación do libro “Agora entramos nós. Voces Ceibes e a canción protesta galega” por Sheila Fernández Conde

Presentación do libro ” Agora entramos nós. Voces Ceibes e a canción protesta galega” de Sheila Fernández Conde, o mércores 27 de xuño de 2018 ás 19.30 h na sede da Fundación Torrente Ballester en Santiago de Compostela.

Esta investigación céntrase na aportación á Historia de Galicia do grupo musical Voces Ceibes, desde a súa conformación por un grupo de estudantes universitarios e o seu primeiro concerto, o 26 de abril de 1968 na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago. Editada polo Consorcio de Santiago, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, é o resultado da tese doutoral da autora, dirixida por lle catedrático Carlos Villanueva Abelairas.