Recordos e cancións para o centenario do Mestre Chané

acto-mestre-chane

Recordos e cancións para o centenario do Mestre Chané

O luns 30 de xaneiro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programado no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC un acto en conmemoración do centenario do falecemento do mestre Chané organizado pola Sección Sociedade da Información. Baixo o título “RECORDOS E CANCIÓNS PARA O CENTENARIO DO MESTRE CHANÉ”, o acto desenvolverase segundo o seguinte programa:

1. Conferencia a cargo de Carlos Villanueva, Catedrático de Música da USC, e concerto da mezzosoprano Iria Cuevas e o pianista Alejo Amoedo, que interpretarán, intercaladas coa conferencia, as pezas “Os teus ollos” (Curros Enríquez, Chané), “Cantiga” (Curros Enríquez, Chané), “Un adiós a Mariquiña” (Curros Enríquez, Chané), “Lonxe d’a terriña” (Aureliano J. Pereira, Juan Montes Capón), “Doce sono” (Rosalía de Castro, Juan Montes Capón) e “Negra sombra” (Rosalía de Castro, Juan Montes Capón)

2. Actuación do Coro Asubío do Ateneo de Santiago, dirixido por Christian Losada: interpretarán as pezas “Alborada e alalá” e “Os teus ollos” do mestre Chané.