Proxectos

Unha tese de doutoramento recupera a figura do músico santiagués José Gómez Veiga “Curros”

O músico compostelán José Gómez Veiga “Curros” foi o protagonista da tese doutoral presentada por Leslie Freitas na Universidade de Oviedo.A mesma recibiu o meritorio sobresaliente “ cum laude”.O traballo serve para poñer en valor a figura dun músico que iniciou a súa formación aos dez anos. Pronto destacou como violinista, logrando a ser o segundo violín no Teatro Principal e na capela da Catedral de Santiago de Compostela.