Vén de publicarse a chamada a contribucións para o I Encontro Internacional “Memórias de Música: Casas-Museu no Espaço Ibérico”, que terá lugar na cidade do Porto entre os días 3 e 5 de xullo de 2025. As propostas poden ser en galego, portugués, castelán ou inglés e deben enviarse antes do 30 de marzo a través do formulario específico dispoñible na web. Javier Gándara Feijóo, investigador posdoutoral de Organistrum (así como do Instituto de Investigación en Humanidades-Universidade de Santiago de Compostela), coorganiza este evento con colegas e profesores da Facultade de Letras e o Centro de Investigación Transdisciplinar “Espaço, Cultura e Memória” (Universidade do Porto): Ana Cristina Sousa, Ana Ester Tavares, Anastasia Sazontieva, Ricardo Vilares e Sónia Duarte.