Titulado no Máster en Creación, Investigación e Interpretación Musical (CSM Vigo, 2024/25), no Título Superior de Música en Saxofón (CSM A Coruña, 2020/24) e no Grao Profesional (CMUS Ourense, 2013/20). Foi galardoado co Premio Extraordinario Fin de Carreira nas Ensinanzas Artísticas Superiores (Xunta de Galicia) e co Premio Fin de Grao Profesional. Ademáis, gañou o Concurso de Interpretación Solista coa Orquestra Sinfónica de Galicia (tempada 2024).
Actualmente, é investigador predoutoral na USC (Grupo Organistrum, iHUS), onde desenvolve a súa tese grazas un contrato FPU (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades). A súa investigación céntrase na producción musical de nova creación, con especial atención ás prácticas performativas e colaborativas intérprete-compositor na obra do compositor Jacobo Gaspar Grandal.
Como intérprete musical, Efrén colaborou coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), o ensemble Vertixe Sonora, as Bandas Municipales de Santiago de Compostela e A Coruña ou a Banda Sinfónica da FGBMP. Asimismo, é cofundador xunto a Liliana Ortega Arteaga do grupo Syderix (2020), colectivo dedicado á producción e divulgación da música contemporánea.