Con motivo do 30 aniversario da súa morte, a revista Scherzo publica unha entrevista co investigador Roberto Oliveira-Ogando.
A entrevista aborda a investigación que o percusionista de Salceda de Caselas, Roberto Oliveira-Ogando, dedicou a recuperar e estudar o legado do compositor Enrique X. Macías. Oliveira explica como xurdiu o seu interese por Macías, os obxectivos da súa tese de doutoramento –centrada na preservación, dixitalización, catalogación e análisis do repertorio electroacústico–, e as dificultades atopadas durante anos de traballo en arquivos e institucións europeas. Tamén reflexiona sobre a formación internacional do compositor, a presenza actual da súa música nos escenarios e a relevancia da súa figura dentro da creación contemporánea galega e española.