Search
Close this search box.

Organistrum e a FGBMP organizan un congreso internacional para xullo de 2026

«O patrimonio itinerante: bandas de música galegas entre Europa e América» é o título escollido para o congreso internacional planeado polo Grupo Organistrum e a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Este evento, que se desenvolverá entre o 9 e 11 de xullo, terá lugar no iHUS (Universidade de Santiago de Compostela) e a Cidade da Cultura. Acaba de publicarse a chamada a comunicacións, convocando á comunidade académica e musical para enviar propostas antes do 31/03/2026. Varios investigadores vinculados a Organistrum forman parte deste congreso: Montserrat Capelán Fernández e Javier Gándara Feijóo encárganse da co-dirección; Álvaro Rodríguez Carballo, Sergio Rodríguez Gutiérrez e Efrén Soto López integran (xunto con cinco persoas máis) o comité organizador, e Ilduara Vicente Franqueira ocúpase da secretaría. Pola súa banda, o comité científico está conformado por oito recoñecidos expertos no ámbito das bandas, cuxas institucións son o Consello da Cultura Galega, Conservatorio Superior de Música de Vigo, ESMAE-Instituto Politécnico do Porto, Centro Superior de Investigacións Científicas, Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Xaén e Xunta de Galicia. Para máis información, pode consultarse a ligazón inferior ou o PDF adxunto.