Search
Close this search box.

Proxecto interdisciplinar “Crear, (des)integrar e transcender: intersecciones músico-literarias”

Crear, (des)integrar e trascender: intersecciones músico-literarias é un concerto interdisciplinar que explora as conexións entre sonoridade contemporáneo e poesía. A proposta combina interpretación musical, recitado e crítica para ofrecer unha experiencia artística inmersiva que cuestiona os límites entre disciplinas e propón novas formas de escoita. Unha viaxe a través de tres conceptos universais que atravesan transversalmente a historia da humanidade: a creación artística, a memoria histórica como posicionamiento oposto á violencia e a procura do espiritual. En relación simbiótica, música e poesía compleméntanse e transfórmanse mutuamente nun mesmo xesto artístico ao cubrir os espazos expresivos ca outra deixa abertos.

Este proxecto xorde da colaboración entre os investigadores predoutorais Fernando Apolinar Rodríguez e Efrén Soto López (USC), co apoio institucional do iHUS e o Grupo Organistrum. Tres obras creadas polos compositores Thierry Alla, François Rossé e Sofiya Gubaidúlina entrelázanse en escena coas mostras poéticas de Eamon Grennan, Seamus Heaney e William Butler Yeats, xerando un espazo de encontro entre son, palabra e reflexión. O evento terá lugar no Paraninfo da Universidad (Praza da Universidade, 1, 15703, Santiago de Compostela) o 16 de abril ás 19:30 horas e contará coa participación de Adrián Arasa Mayo como orador, Sergio Piñeiro Martínez, Magdalena Argibay Ligero e Efrén Soto López como intérpretes musicais e Fernando Apolinar Rodríguez no recitado poético.