[Restitucións 3D]
Salón de estar do embaixador portugués en Madrid (1785)
Tras a ostentación, chegou o silencio e, despois, un profundo esquecemento. Por estas fases transitou o salón madrileño que pertencía a Henrique de Meneses (1727-1787), embaixador portugués en España. O espazo (hoxe inexistente) situábase na Rúa de Hortaleza, utilizándose como sede de importantes festexos propagandísticos con teatro e música. A presente reconstrución en 3D puido realizarse grazas a un libreto impreso no ano 1785, onde se inclúe un plano do lugar, así como a súa descrición detallada. Atopámonos ante unha estancia entón reservada para as elites; agora, queda ao dispor da sociedade.
Coordinación: Montserrat Capelán Fernández
Investigación musicolóxica e histórico-artística: Javier Gándara Feijóo
Modelado 3D: Anxo Miján Maroño e Carlos Paz de Lorenzo
Interpretación violinística: Pavel Amilcar Ayala Bendixen e Mario Peris Salom
Gravación sonora: Roberto Noche García
Rexistro fotográfico: Manuel Useche
Restitución da aria: Miguel Sáez Sotelo
Institucións implicadas: Grupo Organistrum (Universidade de Santiago de Compostela), Centro Infográfico Avanzado de Galicia (CIAG) e Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSM Vigo).
Financiamento: Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario Galego outorgadas ao Grupo Organistrum (ED431B2024/47) e Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia (ED481B).
O contrasinal para acceder é: 7kvsFDBUwh