Search
Close this search box.

Pablo Soto Viceiro

Titulado superior en Percusión polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, finalizado con Matrícula de Honor, e Máster en Ensinanzas Artísticas en Investigación Musical. Actualmente realiza os Estudos Superiores en Dirección de Orquesta baixo a tutela de Javier Fajardo, Cristóbal Soler e Boris Perrenoud e é investigador predoutoral na Universidade de Santiago de Compostela (Grupo Organistrum), onde desenvolve a súa tese doutoral centrada no estudoo da producción sinfónica de Joaquín Rodrigo, baixo a tutela da profesora doctora Montserrat Capelán.
Asimesmo, participou en actividades de investigación, congresos e proxectos relacionados co estudo e a difusión do patrimonio musical e de metodoloxías de investigación nas ensinanzas artísticas.
Xunto á súa labor investigadora, desenvolve unha destacada actividade como percusionista, director e docente. A súa traxectoria artística inclúe a colaboración con directores e solistas de recoñecido prestixio, así como a participación en proxectos e xiras de ámbito nacional e internacional. Paralelamente, desempeñou
responsabilidades no ámbito da xestión e representación cultural e asociativa, particularmente en relación co movemento bandístico galego.
A interación entre investigación, interpretación e xestión constitúe un dos eixes fundamentais do seu traballo, orientado ao estudo do fenómeno musical dende unha perspectiva multidisciplinar.