Proxectos
Search
Close this search box.

O legado oculto de Enrique X. Macías, o compositor de vangarda que marcou a varios músicos da Movida viguesa

Pioneiro da música electroacústica, aquela que incorpora a electrónica á clásica, Enrique X. Macías é un tesouro oculto da cultura galega. Tan oculto que, 27 despois da súa morte, o tamén músico e investigador Roberto Oliveira traballa en Lisboa na catalogación dun achado: 74 bobinas de magnetófono con material inédito do compositor. Nacido en Vigo en 1958, amigo de músicos como Julián Hernández, ao que pagou o seu primeiro salario como intérprete, ou de Antón Reixa, Macías influíu en ambos os ao darlles a coñecer as vangardas europeas. Estreito colaborador do Grupo Poético Rompente –do que formaba parte Reixa– e dos pintores Menchu Lamas e Antón Patiño, Enrique X. Macías conmocionou á súa xeración cando se quitou a vida en 1995. Tiña soamente 37 anos.

A pesar da súa morte prematura, deixou un amplo legado. Viaxeiro incansable, pasou por numerosas cidades. As súas creacións están rexistradas en grandes emisoras como Radio Nacional de España, a Rai italiana, Radio France, ou outras de Helsinqui, Cracovia, Londres ou París. “Macías é un pioneiro, o primeiro compositor en Galicia, a mediados dos anos 70, que crea a primeira obra electroacústica, que introduce o son eléctrico na composición musical”, explica desde Lisboa Roberto Oliveira, onde prepara a tese de doutoramento sobre este autor, que presentará na Universidade de Santiago de Compostela. No medio da súa investigación descubriu en Lisboa as 74 bobinas de magnetófono inéditas.