Proxectos
Search
Close this search box.

X Memorial Carlos López García-Picos en Betanzos

O X Memorial Carlos López García-Picos celebrouse o venres 3 de decembro de 2021 na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo de Betanzos.

Primeiro realizouse a presentación da publicación do Cuarteto de cordas nº 2, A. 28. Homenaxe póstumo a Béla Bartók de Carlos López García-Picos. Edición realizada por Grupo Beroly e coa participación do Concello de Betanzos, do Grupo Organistrum da USC e do I+D+i “Galicia-América: Música civil, ideología e identidades culturales a través del Atlántico (1800-1950)”. Participaron na presentación: Dna. María de los Ángeles Veiga López (Concelleira de Comercio, Hostalaría e Industria, Protocolo e Festas do Concello de Betanzos), D. José Manuel Yáñez Carballeira (Grupo Beroly) e D. Javier Ares Espiño (Doutor pola USC e Catedrático de Piano no CSM da Coruña). Seguidamente tivo lugar un concerto por conta do Cuarteto Novecento, onde se interpretaron o Cuarteto de cordas nº 2, A. 28. Homenaxe póstumo a Béla Bartók de Carlos López García-Picos e o Cuarteto de cordas en fa maior de Maurice Ravel.