Javier Gándara Feijóo atópase realizando unha estancia de investigación con residencia na Casa de Velázquez (Madrid), grazas a unha bolsa de ata tres meses convocada polo Consello da Cultura Galega (PR970A; DOG Núm. 133 do 14 de xullo de 2021). O seu traballo céntrase na análise de personaxes galegos e franceses na tonadilla escénica madrileña entre os anos 1750 e 1814. Para iso, consulta documentación de institucións como a Biblioteca Histórica Municipal de Madrid (onde se custodian case 2000 obras manuscritas do citado xénero, provenientes dos coliseos da Cruz e O Príncipe), a Biblioteca do Palacio Real (que posúe pezas representadas en ámbito cortesán durante os reinados de Carlos III e Carlos IV) ou a Biblioteca do Real Conservatorio Superior de Música (con exemplares doados por Amadeo de Saboya). Ademais, consérvanse tonadillas na Biblioteca Nacional de España (Legado Barbieri) e a Biblioteca Histórica Marqués de Valdecilla- UCM (libretos que pertenceran ao médico Antonio Hernández Morejón). Para todo iso, Javier Gándara conta coas orientacións de Luís González (Casa de Velázquez), Germán Labrador ( CSIPM- UAM) e Montserrat Capelán (USC; directora da súa tese).