Proxectos
Search
Close this search box.

Disco “Obras para violín e piano” do Consello da Cultura Galega

Non é frecuente atopar composicións interpretadas polos seus propios autores. E iso é precisamente o que se pode escoitar no avance do disco “Obras para violín e piano” do Consello da Cultura Galega. Nel, o coñecido compositor Andrés Gaos (A Coruña, 1874-Mar del Plata, 1959) interpreta as súas pezas “Muiñeira” e “Alalá”. Esta gravación histórica ponse á disposición da cidadanía para amosar a un Andrés Gaos en estado puro, interpretándose a si mesmo.