Search
Close this search box.

Estudos Históricos de Música en Galicia e América (ss. XI-XX) – Organistrum. Consolidación 2021 GPC (ED431B 2021/09)

Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Xunta de Galicia
Comezo: 01/01/2021
Fin: 30/11/2023

O Grupo Organistrum, creado no 2004 dentro da USC, traballa temas relacionados coa música de Galicia e América, destacando aspectos como a organoloxía e iconografía medieval, a música das catedrais, historia social da música, tradición e historiografía na música galega e americana, emigración, música de salón, etc. Os seus membros contan cun variado elenco de publicacións, edición de partituras, experiencia na organización de congresos, ciclos de concertos e exposicións en colaboración con Institucións como a propia Universidade, Xunta de Galicia, Fundación Barrié, Afundación, Museo de Pontevedra, Museo do Pobo Galego, Residencia de Estudantes, Universidade de Vigo, Deputacións provinciais, Concellos de Galicia, Consello da Cultura Galega, UNAM, etc.

As actividades máis destacadas realizadas ao longo da súa traxectoria foron as seguintes:

  • Proxecto de reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria: exposicións, cursos, publicacións e interpretación.
  • O grupo de música da Universidade In itinere, creado por Carlos Villanueva, que interpretou a música rescatada facendo xiras por todo o mundo e gravando 10 discos.
  • Centenario de Jesús Bal y Gay (USC, SECC, Residencia de Estudantes de Madrid, Ministerio de Cultura, Xunta de Galicia) con exposicións, edición de catálogo, concertos, conferencias e publicacións.
  • Centenario Víctor Said Armesto (Fundación Barrié, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña): exposicións, catálogo, biografía, simposio, publicacións, estrea da zarzuela La flor del agua, etc.
  • Celebración do “Ano Gaos” (Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega, Deputación dá Coruña, Afundación, Concello de Santiago, Concello dá Coruña, Ministerio de economía e competitividade, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, CRTVG): exposicións, concertos sinfónicos e de cámara, un documental de televisión, páxina web, entrevistas en radio e televisión, publicacións, etc.

Integrantes

Equipo Investigador
Montserrat Capelán Fernández (Coordinadora)
Carlos Villanueva Abelairas (Membro)
Francisco Javier Garbayo Montabes (Membro)
Sergio Camacho Gutiérrez (Membro)
Laura Touriñán Morandeira (Membro)
Javier Gándara Feijoo (IFP)
Eloy Carrera Bernardez (IFP)
Roberto Oliveira Ogando (IFP)
Sergio Rodríguez Gutiérrez (IFP)
Fernando Santiago García (IFP)
Ilduara Vicente Franqueira (IFP)


Colaboradores externos
Juan Francisco Sans Moreira (Instituto Tecnolóxico Metropolitano de Medellín)
Consuelo Carredano Fernández (Instituto de Investigacións estéticas, Universidade Nacional Autónoma de México)
Ana María Liberal Da Fonseca (Instituto Politécnico do Porto)
Juan Trillo Perez (Conservatorio Superior de música de Vigo)
Nelly Iglesias Ríos (Conservatorio Superior de música de A Coruña)
Javier Ares Espiño (Conservatorio Superior de música de A Coruña)
Alejo Amoedo Portela (Conservatorio Superior de música de Vigo)
María del Carmen Lorenzo Vizcaíno (Universidade Internacional de La Rioja)
José Antonio Cantal Mariño (Conservatorio Superior de música de Vigo)
Alfonso Espiño Louro (Universidade Internacional de La Rioja)
Javier Groba González (Xunta de Galicia. Corpo de profesores de secundaria)
María Fouz Moreno (CEIP Plurilingüe de Monterroso)