Proxectos
Search
Close this search box.

Laura Touriñán Morandeira, Premio de Musicoloxía (Tesis Doutorais) 2021

Laura Touriñán Morandeira foi galardonada co Premio de Musicoloxía 2021 na súa a modalidade de Tesis Doutorais, polo seu traballo titulado titulado Marcial del Adalid (1826-1881): biografía, catalogación de su obra musical y vinculación con la creatividad cultural socio-identitaria, dirixido por Carlos Villanueva Abelairas, da Universidad de Santiago de Compostela.

Por acordo da Xunta de Goberno da SEdeM, o prestixioso galardón, instituido en 1978, está dedicado para premiar tesis doutorais de musicoloxía que, na última edición, fosen defendidas no curso académico 2020/21 en calquera universidade española.

O fallo do xurado pospúxose -igual que o curso pasado- polo algo volume de investigaciones presentadas ao mesmo e a imposibilidade de que a comisión designada a tal efecto puidera examinalas co requerido detemento.

Reunido o pasado 17 de xuñi na sede da SEdeM, o xurado do Premio de Musicoloxía 2021 de Teses Doutorais, composto por D. David Andrés Fernández, Dña. Isabel María Ayala Herrera, D. Luis Costa Vázquez, D. David Ferreiro Carballo e presidido por Dña. María José de la Torre Molina, otorgou o galardón por unanimidad. Así, este ano, Julia Escribano Blando (da Unviersidade de Valladolid) e Laura Touriñán Morandeira (da Unviersidade de Santiago de Compostela) son as gañadoras ex aequo do Premio de musicoloxía 2021 na súa modalidade de Teses Doutorais.

Laura Touriñán Morandeira é investigadora postdoutoral “Margarita Salas” da Universidad de Santiago de Compostela e con destino na Universidad Complutense de Madrid. É, así mesmo, membro del Grupo de Investigación “Estudios Históricos de Música en Galicia e América (ss. XI-XX)” (GI-2025) e docente de las materias de música do Programa de IV Ciclo (formación para maiores) desta institución; asesora en catalogación musical da Real Academia Galega; e directora da Área de música da Sección de Creación, Arte e Cultura da Rede Iberoamericana de Pedagoxía (CEARTE-REDIPE). Doutora con sobresaliente cum laude e Mención Internacional pola Universidad de Santiago de Compostela (2020); Licenciada en Historia e Ciencias da Música (2011) e Máster en Música Hispana (2012), ambas pola Universidad de Salamanca; Grado Superior de Piano polo Conservatorio Superior de Música de Castilla y León (2012) e Máster en Xestión Cultural, na especialidad de Artes Escénicas, pola Universidad Internacional de Cataluña (2013).