Proxectos
Search
Close this search box.

Falecemento de Juan Francisco Sans, membro do Grupo Organistrum

Con profunda dor despedimos a Juan Francisco Sans, pertencente ao noso grupo de investigación Organistrum.

Pianista, compositor, director, editor e musicólogo de excepción, Juan Francisco foi sobre todo un humanista e un home do renacemento. Non só polas súas diferentes facetas senón, tamén, porque os seus intereses musicolóxicos foron diversos, tanto en temáticas (centradas fundamentalmente na música Latinoamericana) como en metodoloxía. Era capaz de xuntar, cunha naturalidade sorprendente, as vellas coas novas correntes dando como resultados traballos rompedores que unían o rigor científico con esa claridade que mostraba o enorme talante pedagóxico que posuía. Todo o facía con mestría, pois os seus talentos e intereses, sempre foron múltiples. A isto uníase a súa humildade, unha gran xenerosidade co seu traballo e en sentido do humor moi especial que sempre lle acompañaba.

Perdemos a un dos maiores representantes da musicoloxía Iberoamericana pero, tamén, a un amigo. Por iso atesouraremos sempre as “saborosas” e ricas conversacións que tantas veces tivemos, as veces que nos visitou en Santiago de Compostela e o concerto que, no Paraninfo da nosa Universidade, deu xunto á súa querida esposa Mariantonia Palacios sobre música de salón galega e Latinoamericana a catro mans.

Grazas por tanto, Juan Francisco.