O grande especialista na música das catedrais españolas recoñecido internacionalmente
Licenciado en Filosofía por Comillas, Teoloxía e Filosofía e Letras por Granada, Música Sagrada pola Escola Superior de Música Sagrada (Salamanca) e en Musicoloxía polo Pontificio Instituto de Música Sacra (Roma) onde tamén acadou o grao de Doutor, José López-Calo naceu na parroquia de Nebra (Porto do Son), o 4 de febreiro de 1922. Foi o segundo dos doce irmáns que integraron unha familia de fonda raíz católica e adicada vocacionalmente ao ensino; nai e pai foron os dous mestres, ao igual que o serían varios dos seus irmáns.