Proxectos
Search
Close this search box.

O «Álbum de Galicia» do Consello da Cultura Galega incorpora unha biografía dedicada a Eduardo Rodríguez Losada, investigación a cargo de Nelly Iglesias

Arquitecto e compositor coruñés
Eduardo Ramón Rodríguez-Losada Rebellón, recoñecido arquitecto e compositor, nace na Coruña o 2 de marzo de 1886, sendo o fillo menor do matrimonio formado por Felipa Rebellón Vázquez (de ascendencia viveirense) e Camilo Rodríguez-Losada Ozores, coronel de artillería e fundador das «Escuelas Populares Gratuitas».

Ante a reticencia familiar a realizar estudos musicais de forma profesional, e tendo gran facilidade para o debuxo, decide estudar a carreira de Arquitectura na Universidade de Santiago de Compostela e na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid entre os anos 1902 e 1910…