Proxectos
Search
Close this search box.

Estadía de investigación posdoutoral en Portugal de Javier Gándara Feijóo

Javier Gándara Feijóo atópase realizando unha estadía de investigación posdoutoral na Facultade de Letras e o CITCEM da Universidade do Porto. O seu traballo trata a música de salón en Galicia e Portugal durante o longo século XVIII, analizando especialmente as dinámicas transfronteirizas. Así, estrutura as súas pesquisas en tres eixos: relación dos diplomáticos orixinarios do noroeste peninsular coa música (1); cantos, danzas, obras teatrais e pezas instrumentais en pazos, non só lugares da elite, senón tamén espazos para o servizo (2); e composicións profanas executadas, ás veces de forma subversiva, en celas de mosteiros e conventos de clausura (3). Todo isto enmárcase nun contrato posdoutoral financiado pola Xunta de Galicia.