A presentación do libro de Sheila Fernández Conde sobre a canción protesta en Galicia supón recuperar a memoria duns artistas que deixaron un forte sinal na cultura galega. No ano 1993 en Santiago tivo lugar un concerto histórico no que se volveron a reunir os protagonistas dunha actuación inesquecible que tivo lugar no ano 1968. Benedicto, Viviano, Vicente Araguas ou Miro Casabella, lembraron aqueles anos acompañados doutro emblemático intérprete, o valenciano Raimón. Todos eles volvéronse a subir ao escenario nun multitudinario concerto no Auditorio de Galicia. O libro titúlase “Agora entramos nós. Voces Ceibes e a canción protesta galega”, e a súa autora é a historiadora Sheila Fernández Conde, e nel recóllese unha pormenorizada análise deste movemento nado nos anos sesenta.