Proxectos
Search
Close this search box.

Andrés Gaos, no seu universo musical: publicación da “USC”

“O Universo Musical de Andrés Gaos”, traballo en edición a cargo de Montserrat Capelán e Javier Garbayo, co aval da “USC” e “Afundación”, tiña prevista a súa publicación coincidindo coa “Presentación do fondo Gaos” realizada no Paraninfo dá Universidade o 17 de outubro de 2017, naquel acto presidido polo entón reitor D.Juan M.Viaño coas intervencións … Ler máis

Concerto da OSG con obras de Gaos, dirixido por Víctor Pablo Pérez (Revista Scherzo)

Para quen non acabe de crer na relatividade do concepto de progreso aplicado ás belas artes e, neste caso, á música; para quen o negue, máis aínda, este concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia daralle a razón desde a estética do escoitado á reacción compracida do público. Oitenta e dous anos pasaron entre a estrea … Ler máis

A Real Filharmonía de Galicia rinde homenaxe ao compositor galego Andrés Gaos no 60 aniversario do seu falecemento

A Real Filharmonía de Galicia dedicará o seu concerto semanal de abono este mércores, 17 de abril, ao compositor e violinista galego Andrés Gaos, coincidindo co 60 aniversario do seu falecemento e no marco dos actos conmemorativos do Ano Gaos 2019.   A batuta deste concerto, que terá lugar no Auditorio de Galicia a partir … Ler máis

O Concello de Redondela organiza o seu primeiro ciclo de piano

Desta maneira poñerase en valor o novo piano cun programa e repertorio de alta calidade, que combina tanto a participación de recoñecidos pianistas como do alumnado do conservatorio municipal. O ciclo de Redondela está pensado de maneira distinta aos que se fan nos arredores. Este é un programa dedicado os grandes compositores da música galega, … Ler máis

A Banda municipal de Santiago homenaxea a Andrés Gaos

Un concerto de homenaxe á asociación veciñal de Marrozos polo seu 40 aniversario abrirá este domingo o Ciclo de Outono da Banda Municipal de Santiago. A formación ofrecerá unha quincena de actuacións ata final de ano, que se caracterizarán pola súa variedade, con galas líricas, propostas didácticas ou a habitual participación no festival Cineuropa. O … Ler máis

Exposición «O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)» en A Coruña

A partir do 10 de outubro inauguramos na Sede Afundación da Coruña unha exposición excepcional sobre o recoñecido compositor galego Andrés Gaos. Convidámosche a visitar, a través do fondo conservado polo fillo Andrés Gaos Guillochón, un inxente material que atesoura partituras, borradores, correspondencia, críticas, programas, fotografías, dedicatorias e mesmo varios violíns usados polo propio Gaos. … Ler máis

Preséntase en Historia a obra “Aires Galegos e Novos Aires Galegos” de Andrés Gaos Berea

A Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia acolle este mércores 15 ás 19.00 horas a presentación da obra Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos, partitura editada por AGADIC e Dos Acordes, co patrocinio da Xunta de Galicia, da que son autores Joam Trillo (ed. crítica) e Javier Garbayo (introdución). Participarán no acto o … Ler máis

Andrés Gaos, Alban Berg e Vaughan Williams

Andrés Gaos, en ano de relevante importancia, contará con tres obras no concerto de hoxe coa “ RFG”, baixo a dirección de Rubén Gimeno, no Auditorio de Galicia-20´30 h.- e con sesión previa de “Conversando con…”-19´45-, co propio mestre, contando coa participación de Joam Trillo e Montserrat Capelán. Dous das obras, terán o seu correspondente … Ler máis

A Filharmonía homenaxea mañán a Andrés Gaos

Real Filharmonía de Galicia renderá homenaxe no seu concerto semanal ao compositor galego Andrés Gaos coincidindo co 60 aniversario do seu falecemento. A batuta levaraa Rubén Gimeno en substitución do director titular, Paul Daniel, que tivo que cancelar a súa participación por enfermidade. O concerto comezará con Impresión nocturna, a peza que Gaos compuxo con … Ler máis

Homenaxe a Andrés Gaos na voz da mezzosoprano Marta Infante

A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este mércores, 17 de abril, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre valenciano Rubén Gimeno, que substitúe ao director titular e artístico da RFG, Paul Daniel, que tivo que cancelar a súa participación neste concerto por enfermidade. O … Ler máis